Título VI.- Da disolución

Artigo 29º.

1.- A AECPA disolverase cando así o acorde a Asemblea Xeral reunida en sesión extraordinaria mediante o voto das dúas terceiras partes dos seus membros.

2.- En caso de disolución o patrimonio -se o houbese- destinarase aos fins de investigación ou docencia en Ciencia Política e da Administración que acorde a Asemblea Xeral extraordinaria na mesma sesión en que se decida a disolución.